Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz ordena o ingreso en psiquiatría do home acusado de matar a irmá en Vigo

O xuíz ordena o ingreso en psiquiatría do home acusado de matar a irmá en Vigo

Prorrogou a súa detención durante 72 horas ao concluír os forenses que non estaba en condicións de declarar

G24.gal 05/04/2024 16:22 Última actualización 05/04/2024 16:38

O titular do Xulgado de Instrución número 2 de Vigo prorrogou durante 72 horas a detención do home arrestado por matar a irmá en Vigo, na parroquia de Lavadores. 

Tamén decretou o seu traslado á unidade de psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Trátase dun ingreso involuntario acordado xudicialmente.

Mentres que perdure esta situación, o home permanecerá custodiado.

A decisión tomouse despois de que os forenses examinasen o detido e concluísen que non estaba en condicións de declarar. 

O arrestado, de 63 anos, está tutelado pola administración galega a través da FUNGA.

A Xunta tamén confirma que a familia contactou telefonicamente coa fundación o luns amosando a súa preocupación pola descompensación do home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade