A praia da Corna acolle este domingo 21 unha nova xeira de retirada de lixo

20 Abril 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal convoca unha nova xornada de limpeza de areais que se concentrará na Corna. Será este domingo 21, en horario de 16.00 a 20.00 horas.

Nesta liña, o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, explica que se continúa así na senda de implicar a cidadanía no coidado da natureza, nesta ocasión, no litoral cunha acción de retirada de lixo. Engade que, a Administración local, con este tipo de iniciativas, está a dar continuidade ás actividades de concienciación; unha mostra máis do compromiso en materia medioambiental.

As persoas voluntarias recibirán o material necesario para a retirada manual de elementos nocivos para o ecosistema e contarase tamén coa colaboración da Protección Civil.

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que se inscriban no enderezo electrónico voluntariadopobradocaraminal@gmail.com. A data límite é no xoves 18 para a formalización do trámite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...