HomeTerra de LemosMonforteControlado o incendio que afecta a unha nave de residuos en Mazoi

Controlado o incendio que afecta a unha nave de residuos en Mazoi

Desprazáronse axentes da Policía Local e a Policía Nacional ata o lugar dos feitos.

Publicado o

- Advertisement -

O incendio que se orixinou este martes no lugar de Cacabelos, en Mazoi e que arrasa nestes momentos unha nave de residuos, xa se deu por controlado.

Segundo informou o 112, os bombeiros de Lugo aínda traballan agora mesmo na zona para apagar o lume e, sobre todo, evitar que se propague aos arredores, aínda que non hai vivendas preto. O incendio provocou unha rechamante columna de fume.

Ademais, mobilizouse tamén aos bombeiros do distrito forestal, xa que ao redor das naves hai zona de monte. Tamén se desprazaron a Policía Local e a Policía Nacional e se alertaron ás Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

ÚLTIMAS

Monforte celebra o 17 de maio co ‘Festival Letras Galegas’

O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa concellería de Cultura, conmemorará...

Raquel Arias: “Todos os concellos que solicitaron Atención Temperá contan con axuda da Xunta”

Raquel Arias manifestou que “apostar pola atención temperá é fundamental para identificar e para...

A Conselleira de Medio Rural pon en valor na Pobra do Bollón as axudas para o fomento do castiñeiro

A conselleira salientou que o orzamento destas achegas medra un 30% respecto da aprobación...

Concerto do acordeonista Juan Matías o 18 de maio en Sober

O acordeonista, Juan Matías, ofrece o sábado un concerto en Sober, ás 20:00 horas...