Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Mario Izcovich, psicólogo: "a adolescencia tamén é separar da familia e non compartir certas cousas cos pais"

Mario Izcovich é psicanalista e psicólogo. O sábado 4 de maio impartirá unha conferencia nas III Xornadas de Saúde Mental no Concello de Ames. Co título "Construíndo contornas seguras: estratexia para previr e abordar a violencia". Con Mario Izcovich falamos sobre a adolescencia e como evolucionou o tratamento que se lles dispensa aos adolescentes. Tamén falamos sobre o bullying na escola e posibles causas.