InicioMovementos sociais‘Souto Épico’, repoboación solidaria de árbores autóctonas en Froxán e Vilamor

‘Souto Épico’, repoboación solidaria de árbores autóctonas en Froxán e Vilamor

Unha iniciativa de voluntariado promovida a través do Oroso Club Ciclista recadou cartos a través dun crowdfunding para mercar 275 árbores co obxectivo de crear un souto nos montes arrasados polos lumes do pasado verán en Froxán, Vilamor e Vilar.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Tras o desastre natural que causaron os incendios no Courel, xente vencellada a un encontro ciclista coñecido como “Épico Parteme-Pía Paxaro” –persoas de Quiroga e do Oroso Club Ciclista–, pensou que tiña que axudar dalgún xeito a recuperar ese entorno natural.

A iniciativa que naceu deste interese solidario foi plantar un “Souto Épico” nas aldeas de Froxán, Vilamor e Vilar. Crearon un crowdfunding co fin de recadar cartos para ter as árbores, e despois organizaron unha xornada de traballo, en colaboración coa Asociación Fonte do Milagro de Froxán, para preparar o terreo e plantar árbores.

Este sábado 28 de xaneiro xuntáronse voluntarios e voluntarias relacionados/as co proxecto devandito e dedicaron unha xornada de traballo en montes de Froxán e Vilamor. Agora, para completar o seu obxectivo, quédalles outra xeira en Vilar de Courel.

Voluntarios/as traballando. Foto: Épico Parteme-Pía Paxaro.

Falamos con Celestino González, un dos impulsores do ‘Souto Épico’.

Cando e con que obxectivo nace o Club Épico Parteme-Pía Páxaro?

Naceu no 2016 pero non como club se non máis ben como un grupo de amigos aos que nos gusta a bicicleta, xente de Quiroga e Sigüeiro Sempre se asiste ás saídas en bici mediante unha invitación personalizada.

Tedes moita actividade dende aquela? Que eventos facedes que teñan continuidade?

A actividade como tal é unha vez ao ano, o chamado “Epico Parteme-Pía Paxaro” que é unha quedada entre amigos coas súas familias e como dixen antes adoitan ser xente de Sigueiro vencellada ao Oroso Club Ciclista e varios amigos de Quiroga moi fieis ao mesmo. Consiste en subir por Parteme, Alto do Boi e coroar o Pía Paxaro que está a 1640 metros; despois descendemos e todos os anos comemos en Pacios, na cantina Foguete. Alí é onde as familias que nos acompañan acoden no coche á comida que é un dos atractivos de ese dia. No fondo, é unha fin de semana entre amigos coas súas familias.

Como xurdiu esta iniciativa de plantación en Froxán?

A raíz dos incendios do verán pasado onde se arrasaron miles de hectáreas e por zonas que normalmente subimos nos coas bicicletas… con isto, polo menos queremos devolverlle algo ao monte do que nos leva dando desde 2016.

Canto recadastes no crowdfunding e como foi a implicación da xente da Comarca de Quiroga?

Recadouse para facer unha compra de 275 plantas autóctonas (avelairas, castiñeiros, carballos, cerdeiras) ademais doutras 75 plantas doadas por un membro do club que dispón dun viveiro e unha empresa –Xardíns Senra–, e de paso facilitou un prezo mais baixo en cada unidade para que a compra fora de máis plantas.

A xente de Quiroga e empresas implicáronse por igual que os da zona onde vivo en Sigueiro. Aproveito para agradecer a todos por igual a súa solidariedade. O “Souto Epico” que se plantará será de todos.

Falando de implicación quería dicir que todo isto se leva a cabo grazas á Asociación Fonte do Milagro que dirixe extraordinariamente Evaristo Méndez Vila. Sen eles sería imposible este proxecto solidario.

Non pensastes levar a algún lugar de Quiroga a mesma iniciativa?

Pois si o pensei, pero foi algo excepcional, o ano 2022 foi unha desgraza para o Courel en canto aos seus montes e de aí a iniciativa; ademais, eu son de Quiroga pero meus avós paternos eran da Proba do Brollón e de Folgoso que tamén considero a miña terra.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte demanda solucións ao firme do aparcadoiro do cemiterio

Katy Varela explica que, pese a que se pediu anteriormente, o goberno local non...

O concello de Monforte informa do traslado das mesas electorais do antigo edificio do Centro de Drogodependencias

Este traslado é debido ás obras que se están a levar a cabo no...

A Virxe dos Remedios da Ermida, en Quiroga, prepárase para a súa coroación canónica en setembro

Ata o momento viñéronse realizando unha serie de actuacións sobre a imaxe, como obra...

Prakash Aisa Barrera faise co Campionato de España maculino Pitch & Putt

O gañador do XIX Campionato de España masculino de Pitch & Putt 2024, que...