A veciñanza de Outes puido coñecer a nova Escola Infantil Municipal

31 Xaneiro 2023

Este domingo celebrouse en Outes unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as instalacións da nova Escola Infantil Municipal, que, segundo confirmaron recentemente Concello e Xunta, comezará a funcionar en breve. O centro, que contará con 30 prazas, foi posíbel grazas ao traballo conxunto do Goberno local, a Deputación da Coruña e o Executivo autonómico, que achegou unha axuda de 62.000 euros para a materialización do proxecto na sede do antigo CEIP Emilio de Navasqües (Cruceiro de Roo) Esta actuación suporá ampliar en 10 prazas o actual Punto de Atención á Infancia (PAI) de Outes que se converte así nunha escola infantil.

A rehabilitación do edificio supuxo un investimento de máis de 400 mil euros, con fondos procedentes da Xunta, a Deputación da Coruña e do propio Concello.

O alcalde Manuel González informou recentemente que a Administración local ten tamén “un proxecto para habilitar na planta superior do antigo CEIP Emilio de Navasqües un pequeno fogar residencial para oito persoas maiores”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...