Publicador de contidos
Publicador de contidos

Calvos de Randín rexistra a temperatura máis baixa no que vai de ano: -10 baixo cero

Calvos de Randín rexistra a temperatura máis baixa no que vai de ano: -10 baixo cero

G24.gal 31/01/2023 14:53

Galicia espertou con xeadas xeneralizadas en boa parte da comunidade, especialmente na provincia de Ourense.

A primeira hora da mañá rexistrábase en Calvos de Randín a temperatura máis baixa do que levamos de ano: dez graos baixo cero.

Xélida foi tamén a madrugada e as primeiras horas do día en Xinzo ou Baltar con -8 graos negativos.

É a tónica xeral na provincia de Ourense dende hai días, pero é que esta madrugada tamén foi moito frío en zonas onde non é habitual, nos cero graos quedaron en Foz ou Boiro, e un grao houbo en Narón ou Vilagarcía de Arousa, por exemplo.

Loce o sol, pero a sensación de frío segue a ser intensa ata as horas centrais do día. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos