cazolada

Guiso preparado nunha cazola / Cantidade de comida, xeralmente abundante, que se prepara nunha cazola

Etimoloxía

Palabra derivada por sufixación sobre a voz “cazola” que se forma a partir de “cazo” voz de orixe incerta pero común ás linguas romances ibéricas.

Exemplos *

“Mentres se veñen achegando os mecos de Porto, de Cesures, de Requeixo, os seus tripulantes, incluída a gavieira, comen en silencio a cazolada, as patacas e a cebola e o peixe, as xardas, rinchas, virotes lenemente salferida por un mouro aceite espeso.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)

“Se a estada lle cadraba no outono, armaba "magostos de sete estralos"; se no inverno, eran as cazoladas de coello e perdiz, vítimas da puntería do seu afillado Lolo; no entroido, os cocidos en fartura, ben regados; na primavera, os guisos de cogomelos.” (Xavier Alcalá: Código morse, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.