O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do Consistorio, a iniciativa respondeu ás demandas concretas da veciñanza. “Ante estas solicitudes incrementamos a iluminación neste punto para mellorar a seguridade cidadá e crear un ambiente máis seguro para residentes e transeúntes”, sinalou a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, engadindo que “dende o Concello seguimos a traballar para garantir o uso seguro de tódolos espazos públicos e mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza”.
Acordo a iniciativa do BNG para exixir ao Estado que anule a concesión da AP-9, suprima as peaxes e impulse a transferencia
O BNG propiciou este martes a unanimidade do Parlamento para reclamar ao Goberno do Estado que anule a prórroga na concesión da AP-9, unha reivindicación do nacionalismo galego que vén de antigo e que, segundo explicou a agrupación, tomou máis razón de ser despois de...