InicioCulturaÚltimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A exposición é unha homenaxe ao traballo con madeira para reflexar raíces, tradición e crenzas. “Un mundo imaxinario cheo de vida e de movemento”, como apunta, Carmen Quintero, doutora en Belas Artes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 4 de abril a exposición Entroido “Mobiliario Vestido” de Piquico, Ángel Manuel Rodríguez Romero. Trátase dunha exposición de esculturas dos Entroidos de Galicia, que inclúe pezas do Entroido Ribeirao.

Diría o autor, Licenciado en Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid e profesor de instituto, que “os personaxes do Entroido non se disfrazan, vístense”; e así Piquico, conxuga o atávico da festa e a modernidade xogando cos personaxes do Entroido, elementos típicos e simbólicos como a mula, o oso,… O resultado, esculturas vestidas de mobilirario, como mesas, armarios, botelleiros, cadeiras, espellos,…

As obras son figurativas xeométricas, interesa a expresividade, a masa descuberta, a forma ou a anatomía. Con todo, o autor obtén pezas orgánicas que xogan co contraste da xeometría do mobiliario, con cores e texturas. Mobiliario vestido pretende mostrar a continuidade entre corpo, roupa e moble. Así descóbrese que esa lámpada de pé é un Volante de Chantada.

Piquico destaca os aspectos que complican a elaboración deste tipo de pezas:

  • A interpretación de cada un dos personaxes reais do Entroido
  • Incluir a funcionalidade como mobiliario que son
  • As obras son desmontables para o seu traslado, e as dintintas pezas son moi delicadas

ÚLTIMAS

O concello de Monforte informa do traslado das mesas electorais do antigo edificio do Centro de Drogodependencias

Este traslado é debido ás obras que se están a levar a cabo no...

A Virxe dos Remedios da Ermida, en Quiroga, prepárase para a súa coroación canónica en setembro

Ata o momento viñéronse realizando unha serie de actuacións sobre a imaxe, como obra...

Prakash Aisa Barrera faise co Campionato de España maculino Pitch & Putt

O gañador do XIX Campionato de España masculino de Pitch & Putt 2024, que...

Andaina solidaria na Peroxa

A VII Andaina Solidaria de A Peroxa terá lugar o domingo 26 de maio...