Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Galicia hai 837 lobos, 93 mandas rexistradas, segundo o último censo

En Galicia hai 837 lobos, 93 mandas rexistradas, segundo o último censo

Son apenas tres máis ca as rexistradas en 2014, aínda que hai zonas en que a súa presenza é agora máis perceptible

G24.gal 08/04/2024 22:05 Última actualización 08/04/2024 22:22

O traballo de campo constatou que o lobo actúa no 90 por cento do territorio galego. Foi realizado entre 2021 e 2022, cun rexistro de 93 mandas, das que 22 son compartidas con comunidades limítrofes. Son apenas tres máis ca as rexistradas en 2014. Isto supón 837 exemplares vivindo entre nós. Aínda que hai zonas en que a súa presenza é agora máis perceptible.

A Samuel o lobo matoulle dous becerros. Con todo, entende que a protección do cánido salvaxe, emblemático da nosa natureza, debe ser compatible con actividades coma a súa. Pide para iso que os animais mortos por causa dos ataques do lobo sexan compensados con prezos de mercado. 

En 2023, case 1.148 gandeiros recibiron 713 mil euros da Xunta como indemnización pola morte de 2800 animais por causa do lobo. Son un 24 por cento máis de casos ca os denunciados no ano anterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade