O Club de Xubilados de Lousame convoca a segunda etapa das andainas polo Camiño a Santiago pola ría de Muros Noia

18 Abril 2024

O Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello, convoca a segunda etapa das andainas polo Camiño a Santiago pola ría de Muros Noia. Unhas andainas abertas á participación de toda a veciñanza de Lousame e da comarca, que se desenvolven ao longo de vindeiros meses.

Tras o éxito de participación na primeira etapa, na que oitenta persoas cubriron os 16 quilómetros que separan Porto do Son de Portobravo (Lousame), a segunda etapa propón un percorrido de 13,1 quilómetros entre as localidades de Muros e Esteiro.

Ao igual que na primeira etapa, as persoas participantes concentraranse ás 9:00 horas dese domingo na praza do Concello, de onde sairán en autobús ata Muros.

O prezo por participar na actividade é de 5 euros, que se aboarán o mesmo día da andaina. As inscricións están abertas no Club de Xubilados de Lousame, na páxina web www.bandoticket.com ou enviando un Whatsapp ao 653 22 16 55.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión