O Pazo de Goiáns acolle o 26 a presentación do volume colectivo “Historias de Barbantia”, editado por Galaxia

20 Abril 2024
Screenshot

A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Galaxia, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro van organizar este mes de abril a presentación do libro de relatos colectivo Historias de Barbantia. A cita será este venres 26 de abril ás 20.30 h no Pazo de Goiáns do concello de Boiro.

Intervirán María Xesús Blanco, presidenta da AC Barbantia, Natalia Carou, escritora, Antón Riveiro Coello, escritor e coordinador do volume, Manuel Cartea, vogal de Barbantia e prologuista do volume, Marcos Calveiro, director de edicións da Editorial Galaxia, e María Outeiral, concelleira de Cultura de Boiro.

A presentación completarase coa saída do prelo do número 194 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, que se publica o sábado 27 de abril con La Voz de Galicia. Máis información na web de Barbantia e en Cafe Bartantia.

A presentación de Historias de Barbantia encádrase nas celebración do vixésimo aniversario de Barbantia. O selo encargado de publicar este libro colectivo será, este mes de abril, a Editorial Galaxia. Nel participan varios autores vinculados á comarca que cederon os seus dereitos de autor á asociación.

Outros artigos

Luns 20 con ceo cuberto na comarca e temperaturas sen cambios

O luns comeza con ceos parcialmente nubrados sen descartar algunha chuvia feble ao norte. Pola tarde, medrarán nubes de evolución que poden derivar en algún chuvasco, máis probable en comarcas do interior. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión