HomeCulturaA Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

Durante toda a xornada os clientes terán un 10% de desconto en libros e tamén en papelaría.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de 3 libros. Coincidindo co Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, este martes a partir das 16:30hs presentarase a segunda edición do libro etnográfico “Usos, costumes cousas do Caurel”, do escritor caurelés Parada Jato que publicou recentemente con Avant Editorial.

Ás 18:30hs, Anxo Muíños presentará os libros “Eterno Mar de Lot” e “Huir a Mouramia” que acaba de publicar co selo editorial de Peruchela Edicións. Un par de novelas que levarán aos lectores a unha viaxe nunha goleta idílica polos mares para facer reportaxes etnográficos e naturistas. Están escritos en castelán e teñen letra grande que facilitan a lectura. Pódense atopar na propia libraría e tamén en calquera outra do territorio español.

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra ao 65% de ocupación nesta Ponte das Letras Galegas

A ocupación é moi semellante a esta ponte en anos anteriores. Como apuntan desde...

A Fundación San Rosendo adxudica as obras da residencia da terceira idade de Pantón

Para a posta en marcha deste servizo a Fundación San Rosendo destina case 1.500.000€....

Trofeo ao equipo alevín do C.B. Val de Lemos como gañador da Liga de 2ª provincial

O equipo monfortino recibiu o trofreo correspondente á Liga de 2ª Provincial de baloncesto,...

O DOG publica a modificación do prego de condicións que solicitou a DO Ribeira Sacra para mellorar o selo de calidade

A aprobación destas modificacións corresponde á administración autonómica, xa que non afectan ao nome...