O Concello de Lousame conmemorará o Día do Libro con dous obradoiros gratuítos para crianzas (o venres 26 de abril)

23 Abril 2024

O Concello de Lousame conmemorará o Día do Libro (este martes 23 de bril) e a Semana do Libro coa celebración de dous obradoiros infantís gratuítos, que están programados para este venres 26 de abril, de 18:30 a 20:30 horas, na Casa da Cultura lousamiá.

Os talleres organizados pola Axencia de Lectura de Lousame están dirixidos a nenas e nenos de 8 a 14 anos. Nun deles aprenderán a elaborar un marcapáxinas e no outro a elaborar unha marioneta. En ambos os dous casos, as inscricións están abertas en www.bandoticket.com.

Solta de libros

A maiores, a Axencia de Lectura de Lousame ten programada unha gran solta de libros para a mañá do venres 26 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

“Temos previsto agasallar máis de 200 exemplares, todos eles procedentes de doazón dos veciños e veciñas para tratar de darlles unha segunda vida a estes libros e que sexan desfrutados por outros lectores e lectoras”, apuntou Silvia Agrafojo, concelleira de Cultura.

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

O Noia Portus Apostoli, tricampión da Copa Galicia de fútbol sala

Tricampión de Galicia. O Noia Portus Apostoli volveu coroarse este 17 de maio, Día das Letras, como o auténtico rei de Galicia tras proclamarse campión da Copa Galicia por terceiro ano consecutivo. O bloque noiés, o noso único representante na máxima categoría do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión