Publicador de contidos
Publicador de contidos

A repesca dos MIR aínda deixa desertas 42 prazas de Medicina de Familia en Galicia

A repesca dos MIR aínda deixa desertas 42 prazas de Medicina de Familia en Galicia

En toda España quedaron sen cubrir 246 prazas das 459 vacantes que aínda había

G24.gal 24/04/2024 12:16 Última actualización 24/04/2024 14:17

A convocatoria extraordinaria de adxudicación de prazas MIR realizada polo Ministerio de Sanidade deixou aínda sen cubrir 42 prazas de Medicina de Familia en Galicia. Asignáronse 213 das 459 vacantes que quedaron en toda España, polo que quedaron desertas 246, máis do dobre que hai un ano.

Deste xeito, a repesca conclúe con vacantes, que se suman ás 113 de 2023, en dez comunidades: Estremadura (49), Castela e León (47), Galicia (42), Andalucía (39), Aragón (17), Cataluña (22), Baleares (10), A Rioxa (9), Navarra (7) e Asturias (4).

As que si puideron adxudicar as prazas desertas que quedaron en Atención Primaria foron Castela-A Mancha, que esgotou as 10; o País Vasco (6) e Murcia (1).

16 prazas sen cubrir na área sanitaria de Lugo

Das 42 vacantes que quedaron en Galicia, 4 corresponden á área sanitaria de Ferrol, 16 á de Lugo, 12 á de Ourense, 6 á de Pontevedra e 4 á de Santiago. As de Vigo e A Coruña cubriron a totalidade das prazas ofrecidas.

Igualmente, na convocatoria extraordinaria púidose completar a adxudicación das 12 prazas que non se cubriron en Medicina Preventiva e Saúde Pública en Castela-A Mancha, Aragón, Castela e León, Andalucía, Navarra e Comunidade Valenciana, e a única deserta en Medicina do Traballo que deixou Andalucía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar