Os empresarios de Ribeira impulsan coa Deputación e o Concello o proxecto para mellorar a estrada do novo polígono

24 Abril 2024

Os representantes da Asociación de Empresarios de Ribeira reuníronse este 24 de abril, na súa sede, coa deputada de Obras da Deputación da Coruña, Mónica Rodríguez. Na xuntanza participaron o presidente da patronal, o tenente de alcalde do Concello de Ribeira, Vicente Mariño, e máis técnicos da entidade provincial. Durante o transcurso da xuntanza púxose o foco no proxecto do novo polígono, máis concretamente na ampliación e mellora da estrada de acceso ao polígono, que é de titularidade da Deputación. A patronal expuxo as súas inquietudes sobre a realización da devandita obra e constatou “non só a boa predisposición de levala a cabo, senón tamén a reafirmación do compromiso adquirido no seu día polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, de executar a devandita vía”.

Entre os pormenores da devandita obra expuxéronse as dificultades xurdidas pola intromisión nuns metros dunha das rotondas en dúas leiras titularidade de propietarios do Concello de Pobra, problemática a resolver cos propietarios das mesmas para, en palabras da patronal, “evitar dilatar os prazos de inicio das obras”.

A asociación agradeceu a presenza da deputada na súa sede, así como “a súa predisposición e posta ao dispor para que esta obra sexa unha pronta realidade”.

Pola súa banda, o primeiro tenente de alcalde do Concello, Vicente Mariño de Bricio, reiterou o seu compromiso persoal e o do Concello para levar a bo porto este proxecto.

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión