Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fin da prisión preventiva para os 14 transportistas da cocaína do MV Karar

Fin da prisión preventiva para os 14 transportistas da cocaína do MV Karar

Os 14 levan desde 2020 en prisión preventiva e, por lei, non poden seguir entre reixas 

Retiróuselles o pasaporte e terán a obriga de presentarse cada 15 días nun xulgado español

G24.gal 24/04/2024 21:52 Última actualización 24/04/2024 22:47

Desde as sete desta tarde teñen dereito a abandonar este penal 14 dos acusados polo alixo de case 4 toneladas de cocaína comisado hai 4 anos fronte ás costas galegas.

Son 14 cidadáns do Nepal e de Bangladesh que hai 4 anos tripulaban o MV Karar. O buque foi interceptado con 3.800 quilos de cocaína a bordo o 25 abril de 2020, cando o barco foi abordado por efectivos de Policía Nacional, Vixilancia Aduaneira e a Armada. 

Os 14 levan desde entón en prisión preventiva e, por lei, non poden seguir entre reixas. Aos 14 retiróuselles o pasaporte e terán a obriga de presentarse cada 15 días nun xulgado español. A súa saída da cadea prodúcese na mesma semana en que comezou o xuízo por aquel comiso.

Hai 28 imputados, entre eles o presunto líder da trama, o galego Juan Carlos Santórum. Para todos eles, a fiscalía pide penas de entre 13 e 19 anos de cadea. 

Precisamente estes días está a celebrarse na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, o xuízo por este transporte de droga e estes tripulantes foron os primeiros en declarar.

Todos eles recoñeceron os feitos e admitiron que, cando o Karar saíu de Panamá, a finais de marzo de 2020, xa sabían que ían recoller un cargamento de cocaína e que o seu destino final era Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade