Publicador de contidos
Publicador de contidos

José Luis Alonso Mosquera, novo director da planta de Stellantis en Vigo

José Luis Alonso Mosquera, novo director da planta de Stellantis en Vigo

Substitúe no posto a Ignacio Bueno, quen asumirá novas funcións aínda sen concretar no grupo industrial francés

José Luis Alonso Mosquera (Imaxe: Stellantis) José Luis Alonso Mosquera (Imaxe: Stellantis)
G24.gal 25/04/2024 09:45

Stellantis acaba de nomear a José Luis Alonso Mosquera como novo director da planta de Vigo en substitución de Ignacio Bueno, quen vai asumir novas funcións no seo do grupo que serán definidas proximamente, segundo informa a empresa nun comunicado.

José Luis Alonso Mosquera é enxeñeiro industrial pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros industriais de Vigo. Comezou a súa andaina na planta de Vigo en 1999 ocupando distintos cargos de responsabilidade nas áreas de produción e loxística, entre eles o de director de Coordinación de Produción e Loxística da planta de Vigo.

Así mesmo, destaca Stellantis, chegou a desempeñar o cargo de responsable mundial de Transporte e Packaging, entre os anos 2018 e 2020. No ano 2020 foi nomeado director da planta de Mangualde, en Portugal, ata que en 2022 asumiu a dirección da planta de Zaragoza.

O anuncio do cambio na dirección da planta viguesa trae cambios en cadea dentro da área industrial de Stellantis en España. Para substituír a Alonso Mosquera na planta de Zaragoza noméase a Susana Remacha, quen dirixía a factoría de Madrid, e o seu posto na fábrica madrileña pasa a ocupalo Diego Rivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade