A Escola de Música do Son celebra en maio tres xornadas de portas abertas

25 Abril 2024

A Escola de Música de Porto do Son celebra este mes de maio un ciclo de xornadas de portas abertas para dar a coñecer a súa actividade, o seu equipo humano e as súas instalacións ante as familias e as rapazas e rapaces que queiran introducirse no apaixonante mundo da interpretación e a creación musical. As sesións, indicadas para crianzas de máis de 5 anos, serán de balde e celebraranse os días 13, 14 e 15 de maio no auditorio da Casa da Cultura de Porto do Son. Porase o foco na linguaxe musical, no coro e no piano.

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión