Publicador de contidos
Publicador de contidos

As novas instalacións do centro de recuperación de fauna de Lugo contan coa primeira instalación en Galicia para atender osos

As novas instalacións do centro de recuperación de fauna de Lugo contan coa primeira instalación en Galicia para atender osos

Tras anos de traballo para a recuperación da especie nos montes galegos, o último censo contabilizou 11 exemplares que viven de xeito permanente nas provincias de Lugo e Ourense

G24.gal 25/04/2024 14:34

O Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral, en Lugo, acaba de ampliar e renovar as instalacións cunha importante novidade: alberga a primeira sala de Galicia para atender osos pardos. Tras anos de traballo para a recuperación da especie nos montes galegos, o último censo contabilizou 11 exemplares que viven de xeito permanente nas provincias de Lugo e Ourense.

Aínda non ten ningún inquilino pero se fose preciso o oso pardo xa ten en Galicia unhas instalacións deseñadas especificamente para eles, para o caso de que necesiten atención para recuperarse dalgunha ferida ou doenza. As novas instalacións do centro de fauna salvaxe do Veral contan con cómodos locais para o plantígrado e cos máis modernos sistemas tanto para o seu transporte como para a protección, tanto do animal coma do coidador. 

Jesús Montouto, director territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Lugo, di que se trata dunha instalación onde colaboraron outras comunidades e a Fundación Oso Pardo. Déuselle moitas voltas para saber que era o máis adecuado para o oso.

Pero non só os osos se beneficiarán destas novas instalacións. O ano pasado os centros de recuperación de fauna atenderon en Galicia máis de 4.000 espécimes. A meirande parte deles son aves pero tamén mamíferos e réptiles. "Un de cada catro animais recepcionados aquí volve finalmente á vida silvestre".

Estamos precisamente na temporada de máis actividade porque a época de cría coincide coa primavera na maioría das especies. E con maior actividade e mobilidade, os accidentes son máis frecuentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos