O Consorcio Provincial aproba o recoñecemento de 174 efectivos como persoal laboral fixo (17 en Boiro e 12 en Ribeira)

26 Abril 2024

O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña celebrou esta mañá na sede da Deputación da Coruña unha sesión de pleno ordinario encabezada polo presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, na que se oficializou a aprobación definitiva do recoñecemento de 174 efectivos como persoal laboral fixo. Segundo se fixo saber acerca desta aprobación e da súa implicación, a entidade coruñesa “é a primeira en facelo dentro do ámbito autonómico”.

Deste xeito formalizouse con carácter oficial o acordo acado o pasado 4 de abril entre o Consorcio Provincial coruñés e os profesionais, segundo o cal, ademais do paso a persoal laboral fixo das 174 prazas subrogadas desde o 1 de xaneiro de 2020 das empresas que prestaban o servizo, tamén se recoñece a antigüidade dos traballadores e traballadoras.

Con esta modificación da cualificación xurídica da natureza da relación laboral do persoal subrogado o reparto nos dez parques provinciais é o seguinte:

ParqueSarxentosCabosBombeirosTotal
Arteixo151016
Arzúa051217
As Pontes161017
Betanzos151117
Boiro151117
Carballo051116
Cee161118
Ordes151218
Ribeira15612
Santa Comba161118
Vacantes


8


Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...