Os galegos son os que menos froita e verdura consomen de todo o Estado

O 75% di que segue unha alimentación equilibrada pero non sabe identificar cal é a ración diaria recomendada dos produtos da horta

O plátano, a mazá e a cereixa son as froitas favoritas dos galegos.

Nos últimos anos, as tendencias de estilo de vida saudable evolucionaron para abordar de maneira máis completa a saúde física, mental e emocional. Ademais, incrementou de forma significativa a conciencia sobre a importancia de manter unha alimentación equilibrada. Con todo, o último estudo da empresa Juice Plus+ evidencia que o consumo medio mundial de froitas e verduras é inferior ás cantidades recomendadas e que existe unha confusión xeneralizada entre o que se come e o que se debería comer.

O informe Acortar distancias hacia una vida más saludable analiza as tendencias, crenzas e comportamentos de 32.000 persoas procedentes de sete países distintos: Reino Unido, Francia, España, Alemaña, Italia, Polonia e Estados Unidos. O estudo revela que só se consome o 68% da inxestión recomendada de froitas e verduras diarias, sendo o consumo medio mundial de 271 gramos ao día, sen chegar aos 400 gramos que aconsella a Organización Mundial da Saúde (OMS). No caso de Galicia, esa porcentaxe baixa de xeito drástico ata o 22%, 7 puntos porcentuais por debaixo da media nacional, sendo dentro da poboación española os que menos froitas e verduras consomen.

A xente non sabe identificar as racións recomendadas

Segundo apunta o informe de Juice Plus+, un dos impedimentos para seguir una alimentación sa e equilibrada débese á confusión xeneralizada entre a cantidade de froita e verdura que deben comer diariamente e se están comendo o suficiente ou non.

O 75% dos galegos afirma que segue unha alimentación equilibrada. Non obstante, tan só o 24% (22% a nivel nacional) consegue identificar correctamente 80 gramos como unha ración de froita e verdura, sendo 5 racións de 80 gramos ao día a inxestión recomendada.

Dacordo con Paula Sáiz de Bustamante, farmacéutica experta en nutrición e colaboradora na promoción de hábitos saudables de Juice Plus+, “unha alimentación completa e variada contribúe a evitar déficits nutricionais que poderían implicar alteracións de saúde”.

Cales son as froitas e verduras favoritas dos galegos?

Entre as froitas favoritas dos galegos, as tres primeiras serían o plátano (62%), a mazá (49%) e as cereixas (43%), por diante do melón, a terceira froita favorita dos españois. En canto ás verduras, a cenoria é a preferida, cun 50%, seguida da leituga (46%) e o tomate (38%), tal e como ocorre a nivel nacional.

En canto á forma de consumir estes alimentos, os galegos fano, sobre todo, de tres formas: enteiras (56%), picadas (53%) e frescas (38%), por diante de ensaladas, a terceira preferencia no conxunto do Estado.

Cambio nos patróns de consumo

En Galicia, o consumo de froita e verdura aumenta progresivamente a medida que avanza a idade e este incremento débese principalmente á preocupación pola saúde (38%). Aínda que un 21% dos galegos afirma aumentar o consumo destes alimentos por haber maior variedade que cando eran máis novos, é maior a porcentaxe (35%) dos que aseguran comer menos froita e verdura que cando eran máis novos debido ao crecente custo dos produtos frescos.

Os cambios de comportamento relacionado co consumo de froita e verdura ao longo do tempo tamén se relacionan coa deterioración da calidade do produto respecto hai anos. Como mostra disto, o 52% dos galegos afirman que estes alimentos teñen un valor nutricional inferior a cando eles eran pequenos.

Como afecta o aumento de prezos ao consumo

A raíz da inflación e o incremento do custo de vida, a cesta da compra encareceuse notablemente, acumulando unha subida de prezos do 30,8% nos últimos dous anos, segundo a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU). Tal é así que para o 26% dos galegos, a froita e verdura son os produtos máis caros da súa compra semanal, por detrás da carne e o pescado.

O aumento do prezo, nalgúns casos, pode ser motivo para reducir a calidade e/ou cantidade dos alimentos que mercan. O 39% dos fogares españois afirma experimentar inseguridade alimentaria, sobre todo no caso dos máis novos, e o 49% dos consumidores reduciu o seu consumo de froitas e verduras frescas. Na poboación galega, estas cifras disminúen ao 35% e ao 41%, respectivamente. Ademais, o 86% dos galegos pensa que estes alimentos deberían ser máis accesibles e asequibles.

Para Sáiz de Bustamante, “é moi bo sinal que a xente non só se preocupe polo consumo de froita e verdura frescas para mellorar a súa saúde, senón que demanden a súa accesibilidade. Ademais, é moi importante consumir as racións recomendadas de froita e verdura e, en caso de ser necesario, valorar a inxestión de suplementos que eviten o déficit de nutrientes”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *