Cargando resultados...
Viandantes rescatan unha muller atrapada nun sumidoiro de Lugo que caeu ao ceder a tapa
Viandantes rescatan unha muller atrapada nun sumidoiro de Lugo que caeu ao ceder a tapa
A vítima deste accidente camiñaba acompañada do seu fillo de catro anos, que por sorte non caeu con ela
Os veciños din que xa houbo varios accidentes neste sumidoiro e que o Concello de Lugo non toma medidas
G24.gal
26/04/2024 14:35
Co susto aínda no corpo, unha veciña de Lugo conta como caeu nun sumidoiro da rúa Estrada da Granxa, cando camiñaba co seu fillo de catro anos. E a cousa puido ser moito peor no caso de que caera o cativo, xa que cre que podía haber uns tres metros de altura.
O accidente non sorprendeu moito os veciños, xa que, segundo din, houbo xa varios casos máis. Presentaron unha reclamación no Concello de Lugo pero, din, non tiveron resposta. Descartan que o problema, como lles dixeron nunha ocasión, se deba a obstrucións puntuais provocadas por unhas madeiras.
A afectada, malia todo, só pide que se arranxe o problema, e non pensa denunciar.