HomeDeportesMencía Suárez do Club de Volei Ribeira Sacra, convocada coa Federación Española

Mencía Suárez do Club de Volei Ribeira Sacra, convocada coa Federación Española

O club está moi orgulloso do traballo que realizan as adestradoras coa canteira e este traballo reflíctese cando unha Federación fíxase nas xogadoras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xogadora infantil, Mencía Suárez Rodríguez, nacida en 2008 (infantil de primeiro ano, aínda quedaría un ano máis sendo infantil) foi seleccionada pola Real Federación Española de Voleibol para as xornadas de tecnificación e control enmarcadas no Plan 2025.

A súa adestradora, Laida Alvarado, está tamén moi orgullosa e contenta por Mencía, deséxalle que goce moito e aprenda moito máis dos técnicos da Federación Española que serán quen dirixa ditas xornadas.

Desde o club felicitan a Mencía e subscriben as palabras da súa adestradora, “sobre todo que goce da experiencia, aínda quedan moitos anos para seguir aprendendo e perfeccionándose no voleibol e que oxalá non sexa a última vez que as federacións tanto a galega como a española fíxense nela, nós cremos que é unha nena que terá proxección neste deporte.”

ÚLTIMAS

O DOG publica a modificación do prego de condicións que solicitou a DO Ribeira Sacra para mellorar o selo de calidade

A aprobación destas modificacións corresponde á administración autonómica, xa que non afectan ao nome...

Xornada técnica sobre a vespa velutina este 18 de maio en Carballedo

Na charla, a cargo de persoal da Asociación Galega de Apicultura, explícase o ciclo...

Monforte enxalza a Luisa Villalta no 17 de maio

Este venres, 17 de maio, a programación ideada arredor do Día das Letras Galegas...

O Concello de Chantada leva puntos limpos móbiles ás aldeas do municipio

O Concello de Chantada conta desde o pasado ano co servizo de puntos limpos...