Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores de Vitrasa convocan folga indefinida e piden melloras laborais

Os traballadores de Vitrasa convocan folga indefinida e piden melloras laborais

Os paros víñanse mantendo os venres e sábados desde mediados do pasado mes de novembro

A empresa cualificou o conflito de "totalmente desproporcionado"

G24.gal 13/12/2021 22:02

A folga dos traballadores dos autobuses urbanos de Vigo é indefinida desde hoxe. Os paros víñanse mantendo os venres e sábados desde mediados do pasado mes de novembro pero, a falta de acordo na negociación do novo convenio colectivo, o comité de empresa acordou intensificar as protestas.

Os traballadores reclaman incrementar a estabilidade na contratación e revisar as condicións, os tempos e os descansos no volante. A empresa cualificou o conflito de "totalmente desproporcionado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade