Os artistas e compañías xan poden inscribirse na nova convocatoria da Rede Cultural da Deputación

18 Xaneiro 2022

A Deputación da Coruña vén de abrir a convocatoria da súa Rede Cultural, á que xa se poden inscribir (dende este martes e até as 14.00 horas do 1 de febreiro) os nosos artistas, empresas e compañías. A nova edición da Rede (un programa que a Deputación cualifica como “o circuíto de programación cultural máis sólido e estábel de Galiza”) vén cunha contía de 1.900.000 euros. Polo que respecta os concellos, o prazo para presentar solicitudes estará aberto entre o 11 e o 22 de marzo.

Como en anteriores anos, o catálogo da Rede nesta edición estará formado por catro programas: Escena ao vivo! (para espectáculos profesionais de teatro, música, monicreques, maxia, danza e circo), Visións (para cinema e contidos audiovisuais), Lingua a Escena! (para espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega) e Alicerce (para grupos de música, danza e teatro non profesionais).

A Rede Cultural da Deputación ofreceu en 2021, 1.409 espectáculos en todos os concellos da Coruña, para o que investiu un total de 2.617.391 € euros, dos que 1.551.240 € se corresponden á achega da área de Cultura, dirixida por Xurxo Couto.

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

O Noia Portus Apostoli, tricampión da Copa Galicia de fútbol sala

Tricampión de Galicia. O Noia Portus Apostoli volveu coroarse este 17 de maio, Día das Letras, como o auténtico rei de Galicia tras proclamarse campión da Copa Galicia por terceiro ano consecutivo. O bloque noiés, o noso único representante na máxima categoría do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión