A segunda longametraxe do lucense Jorge Coira celebrou o seu 15 aniversario coa súa edición en Blu-ray e un pase especial en Númax. O filme coral destacou pola maneira en que foi construído, cun gran peso da improvisación a cargo dos seus actores e actrices en cada escena e, posteriormente, por un complexo traballo de montaxe. "Foi unha película moi especial", destaca Coira.
