Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A Asociación do Patrimonio Industrial das Pontes féchase para exixir que se deteña a demolición da antiga central térmica

A Asociación do Patrimonio Industrial das Pontes iniciou esta cuarta feira un feche no Concello para reclamar o cumprimento dos acordos institucionais relativos á conservación de elementos da antiga central térmica de Endesa. O colectivo demanda, ademais, a paralización das demolicións previstas mentres non se defina o futuro patrimonial e industrial das instalacións.