Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A Aula CeMIT de Padrón acolle no Entroido un campamento dixital para escolares de entre 8 e 14 anos


A Aula CeMIT do Concello de Padrón acolle este mes de febreiro, coincidindo coa celebración do Entroido, un Campamento Dixital para formar á rapazada na vertente máis enriquecedora e segura das novas ferramentas tecnolóxicas. Celebrarase os días 16, 17 e 18 de febreiro na Aula CeMIT.
Vai dirixido á rapazada e á mocidade de entre 8 e 14 anos. Celebrarase en horario de mañá: de 9.00 a 14.00 horas. Este mércores 11 pecha o prazo de inscrición. Esta pode facerse no Centro Social de Padrón ou a tra...