Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A casa da cultura de Chantada acolle en setembro un curso de introdución á lingua e cultura galegas para maiores de 16 anos

O curso de introdución á lingua e á cultura galegas desenvolverase na casa da cultura de Chantada, os martes e xoves en horario de 16:00 a 18:00; desde o 15 de setembro ata o 15 de outubro. O curso de 20 horas de duración destínase a persoas  maiores de 16 anos, ou que os fagan no ano 2026, que desexen adquirir ou mellorar as súas competencias en lingua galega e os seus coñecementos sobre a cultura de acollida. Non se requiren coñecementos previos de galego, xa que as clases estarán adaptadas a diferentes niveis.





Con esta formación as persoas participantes adquiren nocións básicas de lingua galega (vocabulario, expresión oral e escrita); coñecementos sobre a cultura e historia d...