Durante a presentación, a presidenta da entidade destacou que, nun contexto marcado polo despoboamento, o avellentamento e o abandono do medio rural, “resulta imprescindible impulsar un modelo de desenvolvemento que favoreza a permanencia da poboación no territorio e preserve as condicións necesarias para garantir un futuro digno ás comunidades rurais”. Neste sentido, manifestou que este modelo “non pasa por instalar aeroxeradores de última xeración a escasos 300 ou 600 metros de vivendas e explotacións gandeiras, como se pretende nalgúns casos”.
A entidade aspira a converterse nunha voz común na defensa do territorio e na promoción dun modelo de transición enerxética compatible co futuro do rural galego. Así ...
