Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse esta semana coa alcaldesa do concello de Folgoso do Courel, Dolores Castro, con quen avaliou diferentes vías de colaboración conxuntas para impulsar o desenvolvemento rural no municipio. Neste sentido, ao abeiro do Plan Camiña rural, esta localidade recibiu unha achega de preto de 60.000 euros.





A maiores, na xuntanza abordáronse cuestións vencelladas coa prevención de incendios forestais. Así, Gómez sinalou que dende o ano 2019 a Consellería destinou algo máis de 845.500 euros para executar labores preventivas neste municipio. Dentro deste tipo de traballos destacan as actuac...