Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A Fundación Manuel María e María Pilar García Negro reciben os Premios Moncho Valcarce 2026


A Irmandade Moncho Valcarce concedeu os galardóns desta edición á Fundación Manuel María, na categoría Pola Promoción da Terra, e á escritora e profesora da Universidade da Coruña Mª Pilar García Negro, na categoría Pola Defensa da Terra. A entrega celebrarase o vindeiro 11 de abril na Coruña, no marco da 23ª edición destes premios.