Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A linguaxe administrativa, a exame 

A acción das administracións públicas ten un impacto profundo na vida da cidadanía, motivo polo que a comunicación dunha resultan fundamental para a outra. Existen discrepancias sobre a mellor forma de acadar esa eficacia garantista: entre a rigorosidade dunha linguaxe minuciosa e reiterativa alicerzada sobre a tradición administrativa e a escrupulosa referencia ás fontes de dereito -isto é, unha linguaxe que responda ás necesidades da administración de cumprir e facer cumprir a lei-, e un modelo simplificado que resulte doadamente intelixíbel para calquera persoa independentemente da súa formación xurídica e administrativa -ou o que é o mesmo, unha linguaxe que poña o foco nas necesidades cognitivas do cidadán-. Para argumentar sobre ambos modelos contamos con persoas proven...