O Vendaval, Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra, regresa na súa terceira edición para converter o rural galego nun punto de encontro coa cinematografía lusa. Entre o 25 e o 30 de agosto, os concellos de Sarria, Sober, O Saviñao e Bóveda acollerán unha variada programación que inclúe proxeccións, música e formación.
A programación comezará o martes 25 ás 22:00 horas nun espazo singular coñecido como A Palleira, situado en Manán no Concello de Sarria. Trátase dun refuxio de artistas que aposta pola comunidade e a natureza a través da creatividade. A xornada centrarase na xentrificación e as dinámicas das cidades...
