Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A número 2 do PPdeG carga contra BNG, PSdeG e Tomé: “Ten que dimitir”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, esixiu este mércores “responsabilidades políticas, implacables e sen condicionamentos” a PSOE e BNG tras coñecer que a Fiscalía de Lugo querelouse contra José Tomé por suposto acoso sexual. Neste sentido, lembrou que os populares reclaman a “dimisión inmediata” de Tomé tanto da Alcaldía de Monforte como da súa acta de deputado provincial.

Así o remarcou o número dous dos populares galegos nunha reunión con deputadas e concelleiras da comarca, onde estivo acompañada pola portavoz do PP en Monforte e deputada autonómica, Katy Varela, e o portavoz popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide. Neste encontro, Prado identificou ao PP como “a alternativa para...