María Varela valora de maneira agridoce a decisión da Comisión de Saúde Pública de ampliar os cribados de cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos. Considera que a medida supón un avance froito da presión social, mais critica a demora prevista para a súa aplicación —até seis anos— e reclama un cambio “radical” no modelo actual de prevención e diagnóstico, alegando que a medida actual estaba xa recomendada pola Unión Europea e "chega tarde". As pacientes, ademais, exixían ampliar os cribados aos 40 anos para garantir diagnoses máis precoces.
