Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

A revolución do rap que ensina a 'jerga' galega: Habló Pablo pon a nosa lingua a rimar

Unha canción sobre as palabras tan características que ten o noso querido idioma galego está a revolucionar as redes sociais. Trátase de 'Jerga gallega', un tema que saiu fai cousa dunha semana e xa o está petando. Forma parte álbum 'No soy nadie, pero soy yo', do rapeiro coruñés Habló Pablo, e está producida por Juan de Dios, produtor herculino que estivo nominado catro veces aos Grammy.