A Xunta de Galicia abriu o proceso a través da cal se oficializará o Clúster Transfronteirizo de Turismo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A licitación ten por obxecto a contratación do servizo de creación do ClusterTur, que deberá desenvolverse antes do 31 de decembro deste ano.
O proxecto, presentado en agosto de 2024, nace ao abeiro da iniciativa CLUSTERTUR_GNP, financiada polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Interrex España-Portugal (POCTEP). No seu desenvolvemento, Turismo de Galicia colabora coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal(GNP-AECT), Associaçao de Turismo do Porto e Turismo do Porto e Norte de Portugal. O seu obxectivo principal é promover a cooperac...
