Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Aberto o prazo para participar no Mercado de Nadal de Monforte que se celebra o 20 e 21 de decembro

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 10 de decembro. As persoas interesadas poderán presentar o formulario no Rexistro Xeral do Concello de Monforte de Lemos (Campo San Antonio, S/N), na sede electrónica  ou ben  por correo electrónico no enderezo emprego_pe@concellodemonforte.com.





O alcalde, José Tomé, lembra que o Mercado de Nadal “é unha iniciativa de apoio e impulso ao sector artesanal e comercial da localidade e tamén unha oportunidade para que as empresas dean a coñecer os seus produtos”. Nesta liña, engade, “a campaña de Nadal na Praza de Abastos ten como obxectivo principal fomentar as compras propias destas datas nas tendas da nosa l...