Un home de 37 anos, natural da Laracha, perdeu a vida este mércores nun accidente de tráfico mortal ocorrido no municipio coruñés de Culleredo. O sinistro produciuse sobre as cinco e media da tarde no quilómetro 3,4 da estrada AC-523, á altura do lugar de Cabana, na parroquia de Veiga, e deixou ademais a unha muller ferida.
