Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

[Alén dos espellos] Cervantes homosexual e os que nunca se avergonzan de “nuestra historia”

Aínda se pode atopar nas carteleiras El cautivo, o último filme de Alejandro Amenábar. Non é o seu mellor traballo pero tampouco é un mal filme, segundo o meu parecer. O director, cuxa condición homosexual el mesmo nunca agochou, decide centrar o seu relato nos anos de prisión que Miguel de Cervantes sufriu en Arxel, explotando unha hipótese nunca probada mais tamén imposible de desmentir: que o feito de que se lle perdoase a vida, malia tentar varias veces fuxir, cando é ben sabido que quen fracasaba no intento era castigado, ben cunha cruel mutilación ou ben coa morte, só se explica porque o Baxá de Arxel tivo unha especial deferencia con el. E si, o relato fílmico fará que nesa deferencia “especial” xogue un papel a homosexualidade, aínda que tamén a habilidade do Cervant...