A portavoz nacional, Ana Pontón, visitou este sábado unha explotación de vacún en Sarria, concretamente na parroquia de Chorente, -“hoxe estou na casa”. O sector produce anualmente 95.600 Tm de carne de vacún, das que 23.000 están amparadas pola indicación xeográfica tenreira galega.
“Quero destacar que as explotacións de carne son clave para manter un rural vivo, estratéxicas en termos sociais e ambientais; crean riqueza, crean postos de traballo, fixan poboación e manteñen o territorio coidado e, por tanto, axudan a loitar contra os incendios”, destacou a líder nacionalista.
Pontón considera incomprensible que o goberno de Rueda se plantexe Altri no corazón do rural, “unha macrocelulos...
