Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Aproxímase o entroido: un meco lector de 'Nós Diario' é aforcado no Pereiro do Aguiar

O Meco é unha figura da cultura tradicional galega, coñecida popularmente pola súa queima durante a celebración do entroido. Na cultura popular, a lenda do Meco remite a un ser eclesiástico, ben pastor, ben seminarista, que abusaba sexualmente das mulleres da contorna baixo o amparo do dereito de pernada.