A chuvia non impediu que centos de persoas pasaran estes días pola 30 edición da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón. Unha cita que ante a previsión meteorolóxica preparouse con carpas para poder desenvolver as distintas actividades.
Así ademais dos postos das 9 adegas participantes, Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudaseis, Nogueiras, Capilla, Saíñas, Don Ventura e Corzoás; contábase con postos de gastronomía e artesanía, catas, maridaxes e desgustacións, sen faltar a música en directo.
Un dos actos centrais do úlitmo día, o domingo, foi o pregón a cargo do comunicador, Marcial Mouzo que repasou a historia da celebración e loubou as ...