Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora do firme en varios puntos da estrada autonómica LU-611, que conecta Taboada con Rubián (Bóveda). Os traballos acometeranse con cargo ao contrato de mantemento das estradas da zona sur da provincia de Lugo e comezarán cando melloren as condicións climatolóxicas.
Por outra banda, Arias informou ao rexedor da próxima publicación da orde anual de axudas a pequenos e medianos concellos para que rehabiliten edificacións da súa propiedade que están en desuso e as dediquen a alugueiro social. Esta edición increméntase nun 30% o importe máximo que se concederá para cada vivenda ata chegar aos 65.000 euros con carácter xeral. Nas zonas Rexurbe e áreas d...
