A profesora e escritora Aurora Marco non para. Mentres continúa coas presentacións do seu libro 'María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo', no que recupera a memoria da ensinante de Miño asasinada polo fascismo, traballa na posta en escena da montaxe teatral 'A Fortaleza', na que se rescata a participación das mulleres na loita guerrilleira. Nesta conversa explica eses proxectos.
