Foron supervisadas polo subdelegado do Goberno e o alcalde de Xinzo.
Amador Díaz, alcalde de Xinzo, e Eladio Santos, subdelegado do Goberno, supervisaron xuntos o avance das obras de humanización da N-525 ao seu paso pola vila facendo maior fincapé na contorna dos institutos, un dos primeiros tramos en execución e de maior impacto para a mobilidade diaria.
A intervención transforma a travesía nas avenidas de Ourense e Madrid con beirarrúas máis anchas, itinerarios peonís e ciclistas (de tres quilómetros), mellora de interseccións con pasos seguros e novas rotondas, renovación e soterramento de servizos, novo alumeado e zonas verdes. O contrato conta cun prazo de execución de 12 meses e un investimento superior a 4 millóns de euros, financia...
