No mercado estatal das telecomunicacións hai operadores que compiten só por prezo, e outras que apostan por estratexias diferentes. Un destes casos é Avatel, unha compañía que se foi facendo forte cunha estratexia diferente: despregando rede propia e levando fibra a zonas rurais e de menor densidade, lugares aos que moitas grandes telecos tardaron anos en chegar. En Galiza, ademais, a súa presenza reforzouse nos últimos anos coa compra de diversos operadores locais con infraestrutura propia, mantendo ese ADN de proximidade e cobertura real no territorio. Agora a compañía vén de actualizar a súa proposta comercial cunhas novas tarifas moito
